Etiquetas

lunes, 22 de junio de 2015


Con motivo do fin de curso elaboramos entre todos este Lipdub coa canción "Que ben se pasa na fin de semana".
Ademais, que ben o imos pasar agora todos nas vacacións. Feliz verán!

miércoles, 3 de junio de 2015

jueves, 19 de febrero de 2015

DÍA DA PAZ 2015

O pasado 30 de xaneiro, celebramos o día da paz. 

Cantamos cancións, bailamos, recitamos poemas e decoramos con frases de "paz" un fermosísimo "pez arcoiris".

Animádevos a ver as imaxes... Mirade que ben o pasamos!


martes, 3 de febrero de 2015

FESTIVAL DE NADAL

Por fin!

 Aquí están as fotos do festival de Nadal.  A disfrutalas!

miércoles, 24 de diciembre de 2014

BOAS FESTAS!



Á volta de vacacións, colgaremos no blog as fotos do festival de Nadal. Estade atent@s!

sábado, 6 de diciembre de 2014

SAÍDA A SANTIAGO

Profil à la fenêtre, 1934, Pablo Ruiz PicassoComo sabedes, o pasado 25 de novembro todos os nenos e nenas do colexio fixemos unha saída a Santiago de Compostela onde visitamos a praza de abastos e unha exposición "Tradición, cambio e innovación" (artistas do século XX).
A verdade é que aprendemos un montón e o pasamos xenial.
A continuación deixámosvos algunhas das fotografías desta saída. Esperamos que vos gusten.


jueves, 20 de noviembre de 2014

O MAGOSTO

Onte celebramos o tan desexado Magosto no colexio: comemos castañas a fartar,  corremos a carreira Solidaria Save the Children e ata houbo música en directo ofrecida por algún dos nenos/as do cole.  
 Aquí tedes unhas fotos do evento, non volas perdades!